Esta é unha escolma de proxectos recentes. Páxinas web feitas con wordpress, exposicións e outros proxectos de divulgación cultural.


Novo Cinema Galego

O arquivo das novas prácticas cinematográficas na Galiza
Novo Cinema Galego

Novo Cinema Galego

novocinemagalego.info é un proxecto colectivo para visibilizar autores/as e obras cinematográficas que se deron en Galicia nos últimos anos, fóra do modelo de produción industrial e achegados ao cinema experimental, o que se deu en chamar Novo Cinema Galego. Esta web reúne fichas completas de cineastas e filmes, documentos críticos e académicos, para servir de base para calquera persoa que queira profundar neste movemento.

  • Cliente: Proxecto propio
  • Tarefas: Deseño da web e definición de contidos, actualización continua
  • Ano: 2015-16

Atlántica

Festival Internacional de Narración Oral
Festival Atlántica

Festival Atlántica

O Festival Atlántica leva a Santiago de Compostela narradores e narradoras das dúas beiras do Atlántico cada mes de marzo desde o 2013. Desde ese ano nos encargamos de montar a web e actualizar contidos en cada edición, destacando os elementos máis importantes a comunicar: a programación e aos convidados.

  • Cliente: Festival Atlántica
  • Tarefas: Deseño da web, actualización de contidos
  • Ano: 2013-21

Eco Traductores

Servizos profesionais de tradución
Eco Traductores

Eco Traductores

Web multilingüe para empresa de tradución que acaba de renovar a súa imaxe e precisa dunha web que integre os novos elementos gráficos e cores corporativas. Tamén se precisaba manter un blog sinxelo para notificacións aos seus clientes.

  • Cliente: Eco Traductores
  • Tarefas: Deseño da web, adaptación de contidos
  • Ano: 2018

Anacos de nós

Un proxecto de inclusión no tempo libre
Anacos de nós

Anacos de nós

Anacos de nós é un proxecto de ocio inclusivo que oferta visitas guiadas e actividades de tempo libre en colaboración coa asociación Xoán XXIII. A web recolle as actividades propostas, formulario de reservas e un blog para información actualizada.

  • Cliente: Implícate
  • Tarefas: Deseño, imaxe e contidos
  • Ano: 2015-19

Ditea

50 anos de teatro en Compostela
Ditea. Detalle

Exposición 50 anos de Ditea

A compañía de teatro amador máis veterana do país cumpliu 50 anos en 2010. Esta exposición veu a recuperar a memoria da súa longa pegada en Compostela a través dos materiais do arquivo da compañía: fotografías, vestiario, programas de man, libretos e maquetas de escenografías.

  • Cliente: Ditea
  • Tarefas: Deseño e montaxe expositiva
  • Ano: 2010

#ACidadeEtiquetada

Marcas de propiedade en Compostela
Marcas

Marcas de propiedade en Compostela

Exercicio cunha plantilla de HTML5 cos contidos do traballo de investigación de Pablo Porral e difundidos na web de niquelarte. A idea é a de coller un contido de interese, con licenza CC e que paga a pena difundir e darlle unha nova maquetación que resulte un pouco máis atractiva.

  • Cliente: Proxecto propio
  • Tarefas: Fotografías e adaptación de contidos
  • Ano: 2015

fervello: Persoa que non para quieta, que anda sempre dun lado para outro

Ola! Son Álex Bragaña e estudei Historia da Arte na USC. Logo diso, a miña formación, experiencia e intereses leváronme a traballar en tres campos en apariencia dispares pero que non o son tanto: o patrimonio cultural, o tempo libre educativo e os proxectos web. En todos eles hai ferramentas para o coñecemento e a difusión da cultura. fervello é o espazo para traballar en cada un destes ámbitos.

Tres pés para un banco

Traballei catro anos en Trivium, consultora compostelá especializada en cultura e turismo. Alí deseñei roteiros, redactei contidos para museos e formeime na interpretación do patrimonio cultural xunto a grandes compañeiras e compañeiros que foron verdadeira escola.

A outra miña grande escola foi mistura tempo libre, a asociación na que descubrín a importancia do ocio educativo e o valor do traballo voluntario e do asociacionismo. Nesta área acabei dirixindo campamentos de verán en varias campañas e últimamente impartindo formación en cursos de monitores/as.

O traballo en web chegou profundando nas ferramentas e perdendo o medo ao código, primeiro para as miñas propias páxinas e blogs, e logo para outros clientes. Traballo con wordpress as máis das veces porque se pode adaptar a moitas necesidades diferentes, hai moita comunidade traballando detrás e sempre hai un plugin axeitado para resolver cada problema.

Ensinar o aprendido

Ás veces tamén dou clases, unha das cousas que máis me gusta facer. Normalmente en cursos de monitoras e monitores de tempo libre, máis tamén noutras áreas coma o márketing cultural e sobre ferramentas informáticas varias.

About
  • Se tes un proxecto que levar adiante e coidas que che podo axudar, podes contactar comigo en moitos sitios da rede: