Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Congreso Internacional Vivenda e Vulnerabilidade

3 Outubro , 2019 | 9:30 a.m. - 4 Outubro , 2019 | 2:00 p.m.

O grupo de Investigación Armela, coa colaboración do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades do Goberno de España e da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, organiza o Congreso Internacional sobre vulnerabilidade social, crise económica e dereito á vivenda, que se celebrará os días 3 e 4 de outubro de 2019 na Facultade de Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela.

A crise económica operou como desencadéante dun proceso de reconfiguración do estado de benestar, incrementou as desigualdades sociais e situou a necesidade dunha vivenda digna e accesible como un problema público de máxima relevancia social en España. Este Congreso ten como finalidade analizar todas estas cuestións desde unha perspectiva interdisciplinar. Así, a través das conferencias maxistrais que se levarán a cabo, contextualizarase o dereito á vivenda no marco de debates teóricos de maior alcance relacionados coa igualdade, a predistribución, a vulnerabilidade social, a inxustiza estrutural, os dereito fundamentais ou o dereito á cidade e a necesidade de romper a dicotomía público-privado. Por outro lado, as comunicacións presentadas no congreso distribuiranse en catro grupos de traballo, nos cales se abordarán as seguintes temáticas:

Grupo 1. A garantía do dereito á vivenda: perspectiva comparada, competencias e límites

Grupo 2. A planificación urbana: participación, perspectiva de xénero, ambiental e xentrificación

Grupo 3. Políticas públicas e instrumentos para a garantía do dereito á vivenda

Grupo 4. Desigualdades, vulnerabilidade e accesibilidade á vivenda

Detalles

Comezo:
3 Outubro , 2019 | 9:30 a.m.
Remate:
4 Outubro , 2019 | 2:00 p.m.

Recinto

Facultade de Ciencias Políticas
Campus Vida. Avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n
Santiago de Compostela, A Coruña Spain
+ Google Map