Biografía

Graduado en Dereito e Ciencia Política pola Universidade Autónoma de Madrid (2016). Cursou un mestrado en Avogacía na Universidade de Santiago de Compostela (2018), onde realiza actualmente o doutoramento en Dereito administrativo. Conta con financiamento da agrupación estratéxica CRETUS (Cross Research on Environmental Technologies USC) para a realización dunha tese doutoral sobre o impacto xurídico da estratexia de economía circular. En relación con esta materia, participa no proxecto “R2π – tRansition from linear 2 circular: Policy and Innovation”, financiado polo programa Horizonte 2020 da Unión Europea, e realizou unha estadía de investigación no Centre for Water, Oceans and Sustainability Law (UCWOSL) da Universidade de Utrecht. É autor de varias publicacións sobre as políticas de economía circular, como "Gestión y prevención de residuos de aparatos eléctricos y electrónicos: una propuesta para promover la economía circular” (Actualidad Jurídica Ambiental, núm. 84, 2018) ou “¿España Circular 2030? Comentario al borrador de la estrategia española de economía circular” (Revista Catalana de Derecho ambiental, vol. IX, núm. 2, 2018)

Publicacións

Nada Encontrado

Non hai resultados que amosar. Proba con outra búsqueda.