Biografía

No marco de sendas becas competitivas durante as etapas pre e postdoutoral foi investigadora visitante da University of Edinburgh, Vrije Universiteit Brussel e Washington State University. O seu ámbito principal de investigación fai referencia ao xénero e a política, con especial atención á implementación de políticas de igualdade, o estudo da distribución territorial do poder dende a perspectiva de xénero e á análise do movemento feminista.
É autora de máis de 22 artigos en publicacións indexadas e de 8 capítulos en obras colectivas. Os seus traballos máis recentes apareceron en Gender & Politics, Politics and Governance, European Journal of Women's Studies, Social Politics e European Political Science e en libros como Handbook on Gender, Diversity and Federalism editado por Jill Vickers, Joan Grace e Cheryl Collier (Edward Elgar Publishing, 2019). É autora da monografía El mainstreaming de género en España. Hacia un compromiso transversal con la igualdad (Tirant lo Blanch, 2015) e co-editora de Ciencia Política con Perspectiva de Género (Akal, 2014).

Publicacións

ID da publicación Nº de páxinas Título Autor/a ISBN Tipo de publicación Ano Referencia bibliográfica Idioma
QUING (Quality in Gender Equality Policies)